Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO consolídase como segunda forza sindical en SEAGA e recorta once delegados e delegadas coa primeira

    Rematado proceso electoral na empresa pública de Servizos Agrarios (SEAGA), CCOO consolídase como segunda forza sindical, a só dous representantes da primeira. Nestas eleccións, Comisións logrou nove delegados e delegadas, reducindo en once a distancia respecto da primeira forza sindical, a CIG, que perdeu neste proceso a metade da súa representación (13 de 24). Ademais, a central nacionalista perde tamén a maioría na mesa de negociación.

    05/12/2022.
    CCOO consolídase como segunda forza sindical en SEAGA e reduce as diferenzas

    CCOO consolídase como segunda forza sindical en SEAGA e reduce as diferenzas

    Nestas eleccións diminuíu o censo e, polo tanto, o número de delegados e delegadas que se elixían, un total de 24 fronte aos 36 do ano 2018. Con estes resultados, a representación de CCOO elévase dun 30,5 % ao 37,5 %, sendo especialmente bos na provincia de Pontevedra, onde logrou os cinco delegados e delegadas que se escollían. Cabe sinala tamén que as eleccións na provincia de Lugo están pendentes de resolución xudicial.

    Agradecementos

    CCOO quere facer un «recoñecemento público» aos seus candidatos e candidatas, polo «compromiso» que amosaron. Nunha situación «nada doada», fixeron posible que Comisións puidese presentar candidatura e, «co seu traballo, contribuíron a que consolidásemos a nosa posición» na empresa. O sindicato tamén agradece a «confianza» das persoas que apoiaron co seu voto as candidaturas desta organización.

    Con estes resultados, CCOO ponse a disposición dos traballadores e traballadoras de SEAGA para «desenvolver en positivo» unha acción sindical «coherente, perseverante e construtiva» en que «a negociación colectiva, e non a permanente xudicialización», sexa a «folla de ruta a seguir». Para iso, estes resultados permitirán configurar «unha nova maioría sindical na mesa de negociación que favoreza a consecución de acordos», valora o sindicato.

    Retos

    Para os próximos catro anos os principais retos son a negociación dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, de redución da temporalidade no emprego público; o incremento do tempo de traballo; o recoñecemento do complemento de antigüidade para todo o persoal de SEAGA; a equiparación retributiva cos salarios do convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia; unha revisión profunda dos complementos salariais e unha reformulación do sistema de listaxes de contratación e chamamentos.