Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Seguimento do 80 % na primeira xornada de folga da Inspección de Traballo

    Comisións Obreiras (CCOO) cualifica de «histórica» a primeira xornada de folga na Inspección de Traballo, cun seguimento medio do 80 % en todo o Estado. O paro, convocado por CCOO e outras organizacións, chegou tras ano e medio de incumprimento do acordo asinado en xullo do 2021 para modernizar e reforzar o labor da Inspección.

    22/12/2022.
    CCOO demanda melloras para reforzar o labor da Inspección de Traballo

    CCOO demanda melloras para reforzar o labor da Inspección de Traballo

    Desde que se chegou a ese pacto, non houbo avances por parte dos dous ministerios implicados, o de Traballo e o de Seguridade Social. Segundo as organizacións sindicais, transcorridos xa dezaoito meses, as deficiencias da Inspección son cada día «máis graves e máis palpables», polo que cómpren «solucións urxentes».

    Os sindicatos amosan tamén a súa «preocupación» pola falta de información e o xeito de establecer o diálogo por parte do Ministerio de Traballo, «que nos últimos tres meses foi afastándose dos problemas que sofre a Inspección ata o punto de desaparecer completamente».

    Tamén se dirixiron a este ministerio para esixir a información «que se nos vén negando nos últimos meses» no relativo ao resultado das «discusións internas» no seo do Goberno sobre o futuro da Inspección de Traballo. Nunha breve reunión, a Secretaría de Emprego expuxo que non hai información nova ao respecto e emprazou a parte social a agardar ata o 31 de decembro.

    Se non hai solucións, volverá haber folga

    Para os sindicatos non é crible que, pasado ano e medio, «todo vaia florecer» de súpeto o 31 de decembro, motivo polo que se mantén a convocatoria de folga mentres se agarda a que o Goberno peche «con urxencia» as medidas pactadas en xullo do ano pasado. Se non houber avances, a folga repetirase os días 25 de xaneiro e 22 de febreiro de 2023.

    Cadro de persoal en Galicia

    Actualmente, o cadro de persoal da Inspección de Traballo en Galicia está formado por 66 inspectores e inspectoras e 73 subinspectores e subinspectoras, mais 104 persoas máis para postos técnicos e administrativos. En total, 243 efectivos, dos cales as tres cuartas partes se dividen entre as provincias da Coruña e Pontevedra.