Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

O TACGAL dálle a razón a CCOO ao entender que a licitación do SAF NARÓN é economicamente inviable

    Os salarios do estudo económico non se actualizaron conforme o convenio SAF e tampouco fai estimación dos incrementos salariais para a vixencia do contrato.

    26/12/2022.
    SAF NARÓN é económicamente inviable

    SAF NARÓN é económicamente inviable

    O Tribunal de Contratación Pública de Galicia (TACGal) dálle a razón a Comisións Obreiras: os concellos deben garantir o incremento salarial do 6,5 %, segundo establece o Convenio SAF Galicia para este ano, dado que foi o IPC real do 31 de decembro de 2021. Ademais, condena o órgano contratante (Concello de Narón) a incluír unha estimación razoada dos futuros incrementos salariais, do que será a evolución salarial ao longo do prazo de execución do contrato.

    A resolución do TACGal desbota de cheo o argumento defendido polo órgano de contratación, polo que sostén a súa postura contraria a incluír a actualización sobre a base de que se descoñecen eses datos, que “a Administración non pode presupoñer”, ademais nun “escenarios de gran variabilidade”.

    O Concello de Narón convocou a licitación do contrato descrito para o Servizo de Axuda no Fogar cun valor estimado declarado de 7.749.466,56 euros; consecuentemente, unha vez analizado e estudado o contido dos pregos pola Federación de CCOO do HÁBITAT, o 1 de decembro de 2022 interpuxo recurso especial en materia de contratación. Unha vez interposto, o 12 de decembro de 2022 ditáronse medidas cautelares de suspensión do proceso de licitación.

    Finalmente, este mércores, 21 de decembro, o TACGal estima o recurso interposto pola Federación de CCOO do HÁBITAT e obriga o Concello de Naron a atender as denuncias interpostas para CORRIXIR A PUBLICACIÓN DUNHA LICITACIÓN ECONoMICAMENTE INVIABLE, e garantir os dereitos das persoas traballadoras do SAF de Narón, as cales estaban condenadas a padecer as consecuencias dun orzamento que non daba coberturas aos seus custos salariais.

    Comisións do Hábitat mostra a súa satisfacción ante a resolución do TACGal, dado que esta é a primeira resolución dos tres recursos especiais en materia de contratación contra os respectivos Concellos de Narón, A Coruña e Padrón cualificados polo propio secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, de auténticos culpables do fracaso da negociación para o novo convenio pola “actitude verdadeiramente lamentable destes concellos, que se precipitaron a licitar os pregos de condicións coa idea de evitar a posibilidade dun novo convenio...”