Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2024.

Folga indefinida en TBSI S. L., no Porriño, a partir do luns, 9 de xaneiro

    TBSI é unha empresa especialista na fabricación de pezas de plástico por inxección para o sector de automoción.

    08/01/2023.

    URL | Código para insertar

    CCOO apoia a folga indefinida convocada polo comité de empresa da planta de TBSI Groupe no Porriño (Pontevedra), a partir do próximo luns, 9 de xaneiro, como medida de protesta polos despedimentos tras a externalización de servizos. «A empresa non nos ofrece ningunha solución, o único que pretende é despedirnos», manifesta Iria Pintos, delegada sindical de CCOO na empresa; porén, aposta pola presión e a acción sindical para «evitar os despedimentos» porque a empresa ten futuro e debe manterse no Porriño.

    O comité convoca os delegados e delegadas o luns, día 9, as 05:30 horas no polígono industrial a Granxa, rúa F - San Simón, Prolongación Paralela 3, Parc. 55.1, Polígono Industrial A Granxa - 36400 - O Porriño (Pontevedra).

    TB Spain Injection, S. L. (TBSI) no Porriño (Pontevedra) pertence ao grupo francés TBI. A porriñesa é unha empresa especialista na fabricación de pezas de plástico por inxección para o sector de automoción. Os produtos fabricados na planta do Porriño incorpóranse no funcionamento dos asentos de coches, os cables eléctricos e os compartimentos de motores que son integrados nos vehículos producidos maioritariamente polas marcas do Grupo PSA. Stellantis é un dos seus principais clientes.