Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

    O Gabinete de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, na súa función divulgadora e sensibilizadora en materia de igualdade e contra a violencia de xénero, faise eco da convoca­toria anual e periódica das prestacións da Xunta de Galicia para mulleres que sofren violencia de xénero, previstas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

    09/01/2023.
    Prestación periódica para mulleres vítimas de violencia de xénero

    Prestación periódica para mulleres vítimas de violencia de xénero

    Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria para o ano 2023 das axudas econó­micas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, reguladas no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo.

    A prestación terá en conta a situación socioeconómica das mulleres e diríxese a posibilitarlles autonomía e independencia económica respecto do agresor/persoa que mantiña sobre ela unha relación de dominación e violencia, coa finalidade de axudalas a romper con esa situa­ción.

    Inclúe entre as persoas beneficiarias as vítimas de violencia física, psicolóxica e trata de mulle­res e nenas.

    Toda a información sobre esta axuda pode consultarse na folla informativa anexa ou picando aquí.