Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Programa Impacto Autónomo

Axuda a persoas autónomas para compensar a suba dos custos

    A Secretaría de Emprego de CCOO edita unha folla informativa sobre a orde do 28 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Impacto Autónomo. A contía das axudas oscila entre os 800 e os 1500, segundo a situación.

    10/01/2023.
    Axudas do programa Impacto Autónomo 2023

    Axudas do programa Impacto Autónomo 2023

    O programa consiste na concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas e microempresas para faceren fronte á situación económica xerada pola suba dos custos das materias primas e sub­ministracións, que afectan e condicionan a súa actividade económica.

    Quen a pode solicitar?

    As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como traballadores e traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas, con domicilio fiscal en Galicia e que tivesen uns rendementos netos mínimos de actividades eco­nómicas realizadas de 10 000 € e un máximo de 30 000 €, no ano 2021.

    As persoas traballadoras autónomas de tempada que acrediten estar de alta ou situación asi­milada no momento da presentación da solicitude, e que estiveran de alta un mínimo de catro meses e un máximo de nove meses no ano 2021 e no ano 2022.

    As microempresas, sociedades, incluídas as de economía social, comunidades de bens ou so­ciedades civís, con domicilio fiscal en Galicia e cun mínimo de facturación no ano 2021 de 50 000 € e un máximo de 750 000 € no mesmo ano 2021.

    As persoas ou entidades beneficiarias deberán manter a actividade durante os seis meses pos­teriores á publicación desta orde de axudas e cubrir de maneira obrigatoria unha declaración responsable xunto co modelo de solicitude.

    Quen non pode solicitalo?

    As persoas autónomas colaboradoras e familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.

    As persoas ou entidades que non cumpran os requisitos establecidos nesta orde ou na Lei de subvencións de Galicia para poder ser beneficiarias.

    Prazo

    O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 9 de xaneiro de 2023 e remata o 9 de febreiro de 2023.