Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

    Para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, o alumnado, antes de iniciar o curso, deberá posuír determinadas titulacións mínimas ou ter as competencias clave necesarias para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.

    13/01/2023.
    Avaliación de competencias clave

    Avaliación de competencias clave

    Para todas aquelas persoas que non posúan as devanditas titulacións, establécense dúas opcións para conseguir esas competencias clave:

    1. Realizar os cursos de formación para o emprego das competencias clave corres­pondentes.
    2. Realizar as probas das competencias clave correspondentes.

    As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade para os niveis de cualificación 2 e 3 son: lingua castelá, matemáticas e lingua galega. Ade­mais, para aqueles certificados que inclúan un módulo de lingua estranxeira, requiri­rase a competencia en comunicación na lingua estranxeira que corresponda.

    As competencias clave pódense conseguir de dúas formas: mediante cursos de compe­tencias clave ou mediante probas de competencia clave.

    Os cursos de competencias clave de matemáticas, comunicación en lingua castelá, co­municación en lingua galega e comunicación en lingua estranxeira (inglés) cúrsanse por separado ou de forma conxunta. Poden ser de nivel 2 (para acceder a cursos de certifi­cados de profesionalidade de nivel 2) ou de nivel 3 (para acceder ao nivel 3).

    As probas escritas son aquelas mediante as que se verifican distintos aspectos relacio­nados coas matemáticas, a comunicación en lingua castelá, a comunicación en lingua galega ou a comunicación na lingua estranxeira elixida. Convócaas o Instituto Galego das Cualificacións tanto para o nivel 2 como para o nivel 3. A continuación informamos da convocatoria para 2023. 

    A CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE convoca probas de ava­liación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

    Competencias clave que se convocan:

    1. Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

    • Comunicación en lingua galega

    • Comunicación en lingua castelá

    • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)

    • Competencia matemática

    2. As competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, para os niveis de cualificación 2 e 3, son competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.

    A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certifi­cados de profesionalidade que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira e que se especifican no anexo da convocatoria.

    A presentación de solicitudes comeza o 11 de xaneiro e remata o 10 de febreiro. As persoas interesadas poden tramitar a súa petición a través da Sede Electrónica da Xunta (código de procedemento TR306A). 

    Os exames terán lugar o próximo mes de maio, en sesións de mañá e tarde, no Recinto Feiral de Silleda, en Pontevedra.

    A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten ao dispor das persoas intere­sadas contidos formativos para que se poidan preparar para as probas a través do seu Campus Virtual de Emprego (Plataforma de Teleformación da Xunta de Galicia).

    Máis información no DOG que se anexa a esta nota informativa ou na sede electrónica da Xunta (código de procedemento TR306A).