Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

SOS Sanidade convoca unha manifestación o 12 de febreiro en defensa da atención primaria

    CCOO forma parte da Plataforma SOS Sanidade Pública. A marcha partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na praza do Obradoiro.

    16/01/2023.
    A manifestación terá lugar o 12 de febreiro, ás 12 horas

    A manifestación terá lugar o 12 de febreiro, ás 12 horas

    SOS Sanidade Pública denuncia falta de persoal, de orzamentos e de organización, así como as limitacións no acceso da poboación aos centros de saúde, aos servizos de pediatría e aos PAC. As organizacións que a integran denuncian a deterioración da principal porta de acceso á sanidade pública, así como do conxunto do sistema sanitario, como se pode comprobar co colapso das urxencias e o aumento das listaxes de espera. 

    Esta mobilización será tamén a culminación do proceso de recollida de sinaturas e de mobilizacións que levan meses promovendo as organizacións sociais inmtegrantes da plataforma para que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha iniciativa lexislativa popular (ILP) en defensa da atención primaria.

    SOS Sanidade Pública denuncia falta de persoal, de orzamentos e de organización, así como as limitacións no acceso da poboación aos centros de saúde, aos servizos de pediatría e aos puntos de atención continuada —«moitos deles, pechados», puntualiza a plataforma.