Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Unai Sordo clausura o IX encontro sindical GALEUSCAT de CCOO

    Neste encontro puidemos abordar diferentes temas de especial interese para CCOO: os cambios do modelo produtivo, o impacto das novas tecnoloxías na acción sindical e a configuración dos marcos de negociación colectiva.

    25/01/2023.

    URL | Código para insertar

    Xornada 25 xaneiro Galeuscat 2023

    Xornada 25 xaneiro Galeuscat 2023

    O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, a Confederación Sindical de CCOO de Euskadi e a Comissió Obrera Nacional de Catalunya tiveron un encontro sindical, no marco do GALEUSCAT, os días 24 e 25 de xaneiro en Santiago de Compostela.

    O foro sindical GALEUSCAT foi constituído no ano 1992 polas organizacións de CCOO das comunidades autónomas históricas, co obxectivo de reforzar os vínculos confederais e analizar a realidade plurinacional que representamos Catalunya, Euskadi e Galicia.

    Neste encontro puidemos abordar diferentes temas de especial interese para CCOO: os cambios do modelo produtivo e o impacto das novas tecnoloxías na acción sindical, a configuración dos marcos de negociación colectiva nunha realidade cambiante do modelo de empresa, aínda que cun escenario normativo favorable grazas á reforma laboral, e, por último, a necesidade de construír un novo contrato social para o século XXI que actúe como dique de contención aos avances das políticas reaccionarias que queren retrotraernos ao pasado da man dos partidos da ultradereita.

    PROGRAMA, do día 25 de xaneiro.

    POPULISMOS DE EXTREMA DEREITA E O SEU ANTÍDOTO SINDICAL

    • Loli García, secretaria xeral de CCOO de Euskadi
    • Javier Pacheco, secretario xeral de CCOO de Catalunya
    • Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO de Galicia
    • Modera: Víctor Santidrian Arias, historiador e membro do Padroado da Fundación 10 de Marzo

    COLOQUIO, CONCLUSIÓNS E MANIFESTO

    • Xesús A. Castro Baamonde, secretario de Institucional e Cultura do S. N. de CCOO de Galicia

    CLAUSURA

    • Unai Sordo Calvo, secretario xeral da Confederación Sindical de CCOO

    👉➕ CCOO de Galicia, Catalunya e Euskadi reúnense os días 24 e 25 no Galeuscat Sindical en Santiago de Compostela

    Documentación asociada
    Documentación asociada