Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Xuño 2025.

Programa respiro familiar para familias coidadoras de persoas en situación de dependencia

    Entre o 19 de abril e o 30 de outubro pódense solicitar as axudas do Programa respiro familiar para familias coidadoras de persoas en situación de dependencia.

    18/04/2023.
    Programa respiro familiar para familias coidadoras de persoas en situación de dependencia | Imaxe de fondo: Pixabay

    Programa respiro familiar para familias coidadoras de persoas en situación de dependencia | Imaxe de fondo: Pixabay

    Son axudas económicas destinadas a persoas coidadoras para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Ten as seguintes modalidades:

    — Modalidade de respiro no fogar para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

    — Modalidade de respiro en centro de día para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

    — Modalidade de respiro en residencia para financiar o gasto nas estadías temporais en centros residenciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Poden solicitar a axuda as persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

    Máis información no documento informativo anexo a esta nota.