Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Xuño 2025.

Protesta ás portas de Navantia para esixir a subrogación do persoal de Mainfer

    Persoal da empresa auxiliar Mainfer, que durante máis de trinta anos se encargou da limpeza dos buques en construción de Navantia, concentrouse este luns ás portas do estaleiro para denunciar a súa non subrogación.

    04/09/2023.
    Protesta do persoal de Mainfer para esixir a súa subrogación (4/9/2023)

    Protesta do persoal de Mainfer para esixir a súa subrogación (4/9/2023)

    A protesta cadrou coa primeira xornada en que se encarga de prestar este servizo Eulen, a nova contrata. Na concentración participou Víctor Ledo, membro da Executiva de CCOO-Industria, quen criticou que Eulen comece a actividade «sen asumir as obrigas cos traballadores».

    O sindicalista coida «incomprensible» a actitude de Navantia, xa que Eulen recibe este novo contrato para a limpeza dos buques ao tempo que se lle rescinde o da limpeza das instalacións do estaleiro ferrolán «por non cumprir».

    En total son dezaseis os traballadores de Mainfer afectados pola falta de subrogación, doce fixos e catro fixos-descontinuos.