Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Xuño 2025.

O persoal de Limpiezas Córdoba concentrouse na Coruña para denunciar os impagamentos

    O persoal de SCT ACVA SL (Limpiezas Córdoba), concesionaria do servizo de limpeza das oficinas de Correos, mobilizouse o 13 de setembro na Coruña para denunciar os impagamentos. Concentráronse diante da ofina principal de Correos na cidade e manifestáronse polas rúas próximas.

    14/09/2023.
    Concentración do persoal de Limpiezas Córdoba diante da oficina principal de Correos na Coruña (13/9/2023)

    Concentración do persoal de Limpiezas Córdoba diante da oficina principal de Correos na Coruña (13/9/2023)

    O comité de empresa denuncia que desde que a firma asumiu o servizo, o pasado mes de febreiro, foron constantes os atrasos no pagamento das nóminas. Porén, o que se está a producir agora é directamente o impagamento.

    A representación legal do persoal culpa da situación a «deficitaria» licitación do contrato por parte de Correos. Isto provocou que só se presentara a empresa gañadora e que nin sequera concorrese Sacyr, a que ata ese momento xestionaba o servizo. A proposta de Limpiezas Córdoba «era por baixo dos custos reais do mantemento das condicións e os salarios», denuncia o comité.

    Segundo explican os sindicatos CCOO, CIG e UGT, o pasado 1 de xuño a empresa comunicou que non aboaría os salarios porque «o contrato non cobre os gastos», polo que agora lles debe as nóminas de xullo e agosto aos 360 traballadores e traballadoras que prestan o servizo nas catro provincias galegas.