Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 10 Xuño 2025.

Os bombeiros comarcais denuncian o ‘plantón’ ao comité de folga

    O bombeiros comarcais denuncian o ‘plantón’ das Administracións ao comité de folga, co que estaban citados os luns no Consello Galego de Relacións Laborais. Este desplante «pon en serio perigo o comezo dunha vía de negociación», denuncian CCOO, UGT, CIG, CSIF, USO e Sibgal.

    10/10/2023.
    Parque de bombeiros de Ordes | Foto: Mesa Intersindical de Bombeiros

    Parque de bombeiros de Ordes | Foto: Mesa Intersindical de Bombeiros

    Os sindicatos lamentan as «repetidas mostras de desinterese e faltas de respecto» das Administracións de que dependen os parques de bombeiros comarcais —a Xunta de Galicia e as catro Deputacións provinciais.

    Mañá, mércores, haberá asembleas para estudar o calendario de mobilizacións formulado polos sindicatos como consecuencia da falta de vontade negociadora por parte das Administracións. «A nosa paciencia esgotouse», resumen.