Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO denuncia na reunión do CSIr os «devastadores datos» da emigración da mocidade galega

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, denunciou os «devastadores datos» da emigración da mocidade galega. Fíxoo durante a última reunión do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal, que tivo lugar o martes en Vigo.

    25/10/2023.
    Xuntanza do CSIr Galicia-Norte de Portugal, en Vigo

    Xuntanza do CSIr Galicia-Norte de Portugal, en Vigo

    A secretaria xeral de CCOO avogou por un cambio nas políticas da Xunta. Reprochoulle ao Executivo de Alfonso Rueda «fialo todo ao Xacobeo» e esixiu políticas industriais. «O que tira da economía é a industria e cada vez ten menos peso no PIB», sinalou a dirixente sindical.

    Se non se producir este cambio, «Galicia seguirá no vagón de cola do Estado. Estamos fartas de anuncios, cómpre cambiar xa as políticas, comezando polas industriais», resumiu.

    Cambio na presidencia

    Ademais, o sindicato UGT-Portugal asumiu a presidencia de quenda do CSIr para o bienio 2023-2025, cando a volverá asumir o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que xa presidiu o organismo no período 2017-2019.

    O CSIr Galicia-Norte de Portugal está integrado polos sindicatos galegos CCOO e UGT e polos portugueses CGTP e UGT-P.