Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO suspende as concentracións convocadas para hoxe na Coruña e Vigo en apoio ao pobo palestino

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia suspende as concentracións convocadas para este xoves pola paz e en apoio ao pobo palestino, que ían ter lugar pola tarde na Coruña e Vigo.

    02/11/2023.
    Suspendidas as concentracións previstas para este xoves

    Suspendidas as concentracións previstas para este xoves

    O sindicato toma a decisión polas malas condicións atmosféricas, que non só dificultarían a participación nas mobilizacións, senón que poderían poñer en risco os desprazamentos de persoas chegadas doutras localidades de todo o país.

    Nos próximos días, CCOO comunicará unha nova data para estas mobilizacións coas que quere expresar a súa solidariedade co pobo palestino da Franxa de Gaza, que sofre un ataque sen precedentes agravado pola ausencia de axuda humanitaria, coas persoas totalmente desprotexidas e sufrindo de forma constante os ataques de Israel.