Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación

    Neste novo número da publicación CCOO Informa dáse conta da convocatoria de probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. Para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, o alumnado deberá posuír determinadas titulacións mínimas ou ter as competencias clave necesarias.

    24/01/2024.
    Avaliación de competencias clave

    Avaliación de competencias clave

    Con carácter xeral, para cursar un certificado de profesionalidade requírese:

    — para os niveis de cualificación 2 e 3:

    • Graduado en ESO para o nivel 2 e Bacharelato para o nivel 3.
    • Un certificado do mesmo nivel ou dun nivel inferior pero da mesma familia e área.
    • Cumprir os requisitos para o acceso aos ciclos formativos correspondentes, ou superar as probas de acceso a estes ciclos ou á universidade (pode consultar aquí todos os posibles requisitos).

    — para o nivel de cualificación 1 non se esixe ningún requisito.

    Todas aquelas persoas que non cumpran estes requisitos formativos ou profesionais poderán acceder igualmente aos certificados de profesionalidade se acreditan que teñen as competencias clave.

    Máis información facendo clic aquí.