Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Abril 2024.

CCOO consegue a totalidade do comité da empresa que xestiona os comedores escolares de Lugo

    Comisións Obreiras (CCOO) gaña as eleccións sindicais en Alimentación Saludable Gallega, que xestiona os comedores escolares do concello de Lugo. A candidatura do sindicato conseguiu a totalidade dos cinco membros do comité de empresa.

    27/02/2024.
    Votar CCOO é unha garantía para as persoas traballadoras

    Votar CCOO é unha garantía para as persoas traballadoras

    Nas anteriores eleccións, a candidatura de CCOO lograra catro representantes e un a UGT, que desta vez queda sen representación.

    Comisións agradécelles aos traballadores e traballadoras o seu apoio, sabendo a importancia que ten unha presenza forte do sindicato para a defensa axeitada dos dereitos laborais, especialmente naqueles sectores e empresas que, coma neste caso, están altamente feminizados —o 97 % son mulleres.