Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Abril 2024.

Presentado en Vigo o libro 'Mitos y cuentos de la extrema derecha'

    CCOO, a través da Fundación 10 de Marzo e da Fundación 1.º de Mayo, organizou o martes, día 12, a presentación do libro Mitos y cuentos de la extrema derecha. O acto tivo lugar en Vigo no museo MARCO.

    13/03/2024.
    De esquerda a dereita, Jaime de Haz, Steven Forti e Víctor Santidrián

    De esquerda a dereita, Jaime de Haz, Steven Forti e Víctor Santidrián

    Nesta presentación na cidade olívica tomaron a palabra Steven Forti, coordinador e coautor da obra, Jaime de Haz, xornalista da Cadena SER en Vigo, e Víctor Santidrián, da Fundación 10 de Marzo de CCOO.

    No libro, Forti e o resto de colaboradores analizan as tácticas seguidas pola extrema dereita para conseguir unha base electoral de máis de tres millóns de votantes no Estado, algo impensable hai só unha década.

    As mentiras, as noticias falsas, a estratexia en redes sociais e os riscos que este tipo de partidos representan para as democracias —en España e no resto de Europa— son algunhas das cuestións analizadas no ensaio.

    Na obra tamén se examinan os principais discursos das extremas dereitas actuais: a inmigración, o concepto de familia, a oposición ao feminismo, a apropiación do mundo rural ou o negacionismo da crise climática, entre outros elementos.