Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

A Audiencia Nacional dálle a razón a CCOO en defensa das condicións de traballo dos controladores de Salvamento Marítimo

    A sección sindical de Comisións Obreiras en Salvamento Marítimo (Sasemar) congratúlase pola sentenza da Audiencia Nacional que lle dá a razón ao sindicato, pois declara nula unha nota interna emitida pola empresa a finais do ano pasado que modificaba as condicións do persoal controlador.

    12/03/2024.
    Traballador dun centro de coordinación de Sasemar | Foto: Sección Sindical de CCOO

    Traballador dun centro de coordinación de Sasemar | Foto: Sección Sindical de CCOO

    A Audiencia Nacional deixa sen efecto a dita nota, do 5 de decembro do 2023, que introducía unha modificación substancial do réxime de traballo por quendas, no relativo ás modalidades de quendas pactadas.

    O cambio sumira «na incerteza» preto de 350 traballadores e traballadoras dos centros de coordinación de Sasemar en todo o Estado e «puxo en perigo o servizo público de salvamento que se presta desde estes centros», reproba o sindicato.

    A sección sindical de CCOO xa lle solicitou á dirección de Salvamento Marítimo a «execución inmediata» da sentenza da Audiencia Nacional. Ademais, advirte que continuará a denunciar perante os tribunais e a opinión pública calquera medida do ente público que atente contra os dereitos laborais e o servizo público.