Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Parada no sector naval de Vigo por unha nova morte dun traballador

    Os sindicatos CCOO, UGT e CIG reuníronse urxentemente hoxe para acordar unha parada na actividade tras a morte dun novo traballador dentro das instalacións do estaleiro San Enrique (antigo Vulcano). Será mañá xoves, día 14, ás 9 da mañá. A esa hora haberá unha concentración diante do estaleiro e unha manifestación ás 9:30 cara á Delegación da Xunta de Galicia.

    13/03/2024.
    CCOO lamenta unha nova vítima nun accidente de traballo

    CCOO lamenta unha nova vítima nun accidente de traballo

    Segundo as primeiras informacións, o operario estaba realizando traballos en altura e precipitouse ao baleiro. No que vai de ano xa son varias as mortes no traballo producidas en circunstancias similares en distintos sectores, polo que Comisións Obreiras insta as empresas a adoptaren as medidas preventivas necesarias.

    Situación no sector naval

    Os sindicatos CCOO, CIG e UGT levan moito tempo reclamando maiores medidas de seguridade para o sector naval, xa que as empresas e a Xunta «foron baixando a garda constantemente», ata o punto de que a mesa sectorial estivo máis dunha década sen ser convocada.

    Desde o falecemento dun traballador da industria auxiliar a finais do 2022, os sindicatos redobraron a presión sobre a Xunta de Galicia, logrando hai poucos meses a convocatoria da mesa do naval e o compromiso de elaborar un informe que analice as causas da sinistralidade.