Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Novembro 2024.

O persoal de FINSA-Santiago corta a estrada para esixir un «convenio xusto»

    Traballadores de FINSA-Santiago cortaron este luns a estrada N-550 diante da fábrica para reclamaren un «convenio xusto». Segundo explican, a última proposta de convenio trasladada pola empresa o pasado xoves, día 16, non dá resposta ás necesidades expresadas polos sindicatos.

    20/05/2024.
    Protesta do persoal de FINSA-Santiago (20/5/2024)

    Protesta do persoal de FINSA-Santiago (20/5/2024)

    Polo tanto, a intención da compañía é non mellorar o que considera a súa «proposta final». O xoves desta semana haberá unha nova reunión, onde os sindicatos CCOO, USO e CIG reiterarán as súas demandas para «satisfacer as expectativas das persoas traballadoras» de FINSA.

    Os sindicatos desexan que se cumpra «o que xa se leva moito tempo pedindo», que é un novo convenio que poña os traballadores e traballadoras «no lugar que corresponde, tanto do punto de vista social como económico».