Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Novembro 2024.

O persoal de DXC Technology está chamado a tres xornadas de folga este mes de xuño

    O persoal de DXC Technology na Coruña e Santiago convoca tres xornadas de folga, coincidentes coas que haberá no resto de centros de traballo no Estado. A primeira tivo lugar este luns, día 3 de xuño, e continuarán o 4 e o 5. Asemade, comezarán a protestar diante dos principais clientes da empresa.

    03/06/2024.
    O persoal de DXC Technology concentrouse diante de dúas oficinas de Abanca e Bankinter na Coruña

    O persoal de DXC Technology concentrouse diante de dúas oficinas de Abanca e Bankinter na Coruña

    Ademais da folga, o persoal concentrouse entre as 10:45 e as 11:45 horas diante das oficinas de Abanca e Bankinter da rúa Nova da Coruña, entidades que se sitúan entre os principais clientes de DXC Technology.

    Terceiro mes de mobilizacións

    Con estas mobilizacións é xa o terceiro mes consecutivo con folgas do persoal de DXC, que tivo dous días de paro en marzo e outros dous en abril.

    DXC Technology é unha multinacional que proporciona servizos informáticos e de xestión ás principais empresas do sector bancario, enerxético e Administracións públicas: Abanca, Evo Banco, Zurich, Mango, MRW, EDP, Carrefour, Caixabank e boa parte do Ibex-35.

    Actualmente, existe un conflito coa compañía pola perda de poder adquisitivo dos salarios debido á inflación, de ata o 17 % nos últimos tres anos. Polo de agora, as propostas da empresa «están extremadamente afastadas» do que pide a parte social. A situación «contrasta coa presentación de ingresos récord ano tras ano», sinalan desde CCOO-Servizos.