Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

O acordo sindical en Educación frea en seco a eliminación de aulas de infantil e primaria

    Os sindicatos CCOO-Ensino, ANPE e UGT-SP, asinantes do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do profesorado galego, salientan a importancia deste pacto para poñerlle freo á eliminación de aulas en infantil e primaria.

    03/09/2024.
    Os recortes en educación foron constantes desde a crise económica

    Os recortes en educación foron constantes desde a crise económica

    Isto constátase tras a publicación, o día 21 de agosto de 2024, no DOG da Orde do 2 de agosto pola que se modifican as unidades e postos de traballo docente para o curso 2024/25. Os datos revelan que se «freou en seco» a sangría de aulas e redución do profesorado se producía ano tras ano desde a última crise económica.

    Non só non se reduce o número de aulas, senón que se crean dez máis en toda Galicia, catro delas en infantil, cinco en primaria e unha en educación especial. Tamén, 21 postos de traballo definitivos máis ca o ano anterior e, polo tanto, de carácter estrutural.

    Este incremento do número de aulas estruturais e de postos de traballo de carácter definitivo rompe a tendencia de descenso dos últimos anos, xa que tan só nos últimos tres anos o peche de aulas chegara a un total de 239 unidades de infantil e primaria suprimidas e a unha destrución de 334 postos de traballo no mesmo período.

    A inversión desta tendencia só se explica grazas ao asinamento do acordo en Edudación, pois o número de alumnado segue a reducirse na mesma proporción ano tras ano. De feito, para o curso 2024/2025, en infantil e primaria no ensino público hai unha mingua de 2747 alumnos e alumnas. Aínda que esa diminución é moi similar á dos anos anteriores, no canto de producirse peche e eliminación de centos de aulas de catálogo e postos de traballo definitivos, como pasou nos cursos precedentes, a diferenza entre aulas pechadas e creadas é positiva: hai 10 aulas máis que o curso pasado e 21 postos de traballo máis con destino definitivo.