Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

CCOO, UGT e CIG reuniranse para trazar a «folla de ruta» no sector do automóbil

    CCOO, UGT e CIG reuniranse para trazar a «folla de ruta» no sector do automóbil, que padece unha situación complicada. O encontro terá lugar a comezos de outubro a petición de Comisións Obreiras.

    25/09/2024.
    Motor de automóbil

    Motor de automóbil

    Segundo CCOO, o sector afronta unha difícil situación «polo que pode ser o fracaso de Europa pola aposta do vehículo eléctrico» e polas políticas dos fabricantes, que só teñen en consideración os custos dos compoñentes e non a responsabilidade social coa comarca de Vigo.

    CCOO coida necesaria esta nova reunión para defender de xeito unitario o sector e os milleiros de postos de traballo.