Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Xaneiro 2025.

CCOO lamenta unha nova morte en accidente laboral no sector do mar

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta unha nova morte en Galicia nun accidente de traballo, neste caso no sector do mar. O xoves perdeu a vida o tripulante do bateeiro 'Hermanos Rey', que envorcou fronte ás costas do Grove cando regresaba ao porto.

    13/12/2024.
    CCOO transmite as súas condolencias

    CCOO transmite as súas condolencias

    Desde CCOO transmítenlle o seu pesar aos familiares, compañeiros e amizades do traballador falecido, ao tempo que amosan a consternación por unha nova vítima no sector do mar, un dos máis castigados pola epidemia da sinistralidade.

    CCOO agarda que a investigación do acontecido sexa áxil e permita determinar as causas canto antes, co obxectivo de que se poidan adoptar as medidas preventivas axeitadas para que unha traxedia coma esta non se repita.

    Galicia, a quinta comunidade con máis accidentes mortais

    A sinistralidade laboral no noso país é unha constante preocupación para CCOO, que chama a extremar as medidas de prevención en todos os sectores de actividade. Segundo os datos do Ministerio de Traballo, no ano 2023 Galicia foi a quinta comunidade autónoma con máis sinistros con resultado de morte, 50, superando en 12 a comunidade situada no sexto lugar.