Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Xaneiro 2025.

Amelia Pérez: «O diálogo social é moito máis ca ter unha reunión para falar»

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia foi entrevistada por Atlántico Diario. Na conversa, Amelia Pérez reflexiona sobre distintas cuestións de actualidade, como o diálogo social, a proposta de redución de xornada laboral ou os elevados índices de sinistralidade laboral.

    16/12/2024.
    Un momento da entrevista para Atlántico Diario | Foto: Atlantico.net

    Un momento da entrevista para Atlántico Diario | Foto: Atlantico.net

    No tocante ao diálogo social en Galicia, a secretaria xeral de CCOO coida que «non está na UCI», mais precisa «especial atención». Na súa opinión, é moito máis ca «ter unha reunión para falar», pois require «concertación social e coido que iso é o que lle falla a esta Xunta de Galicia», explicou.

    Canto á redución da xornada laboral máxima ás 37,5 horas semanais, a sindicalista lamentou a actitude da patronal. «Despois de corenta anos cremos que xa toca facer unha modificación nesta materia», asegurou, polo que «non é entendible a posición da CEOE».

    Outra das cuestións sobre as que reflexionou nesta entrevista foi a sinistralidade laboral. «Estamos moi preocupados polos altos índices en Galicia», expresou a secretaria xeral. Ao tempo, lembrou que hai pouco tempo tanto CCOO como UGT fixeron unha proposta de actuación no seo do diálogo social.