Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Xaneiro 2025.

CCOO asina o convenio provincial de panadarías, pastelarías, pratos cociñados e afíns de Pontevedra

    O pasado 3 de decembro, e tras case un ano de negociacións, asinouse coa patronal APROINPPA co convenio provincial de panadarías, pastelarías, pratos cociñados e afíns de Pontevedra 2024-2025. CCOO salienta que este acordo implica «importantes melloras» para as persoas traballadoras do sector, entre elas unha suba salarial do 5% para cada ano de vixencia e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro deste ano.

    19/12/2024.
    CCOO asina o convenio provincial de panadarías, pastelarías, pratos cociñados e afíns de Pontevedra | Imaxe de fondo: Pixabay

    CCOO asina o convenio provincial de panadarías, pastelarías, pratos cociñados e afíns de Pontevedra | Imaxe de fondo: Pixabay

    Tamén no plano económico, aumenta o prezo da hora nocturna, unha «reivindicación histórica» do sector, destaca CCOO; regúlase por convenio o pagamento da nómina; e incrementan as contías do seguro de accidentes e enfermidade, así como da axuda para gastos

    No aspecto social, tamén se produce unha mellora e adaptación das licenzas á normativa vixente e inclúese a xubilación parcial da industria manufactureira.

    CCOO destaca o compromiso da patronal APROINPPA para asumir «boa parte das reivindicacións presentadas polos sindicatos e as persoas traballadoras do sector». Porén, lamenta que a CIG decidise non asinar «por decisión da súa cúpula», malia ter participado «de maneira conxunta en todo o proceso de negociación», así como na asemblea sectorial en que as persoas traballadoras votaron «de xeito unánime a favor do acordo».

    Malia isto, o convenio ten eficacia xeral para todas as persoas traballadoras do sector da provincia grazas ao asinamento de CCOO e UGT, «que garantimos que haxa convenio para os anos 2024 e 2025». Así mesmo, Comisións agarda que este acordo contribúa a desbloquear as negociacións nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo, aínda paralizadas.