Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

O Goberno Local do Concello de Marín, aproba os orzamentos sen recoñecer a débeda coa Policía Local

    Policías Locais concentráronse ao comezo do Pleno, para mostrar a súa desconformidade coa “xestión” que se está practicando no Concello para cumprir o fallo de sentenzas firmes sobre retribucións dos/as axentes.

    25/01/2025.
    Protesta Pleno Concello de Marín

    Protesta Pleno Concello de Marín

    En decembro do 2022 afiliados de CCOO da Policía Local de Marín presentaron reclamación ao establecerse xudicialmente que os complementos salariais de nocturnidade e festividade tíñanse que pagar nas ausencias retribuídas (permisos, vacacións, baixas, etc). Este criterio xudicial foi reiterado polo TSXG e TS, e polos Xulgados do Cont/Adm de Pontevedra e Vigo en relación a demandas que anos antes tramitaran bombeiros e policías de ambas as cidades. Unha vez que os Xulgados do Cont/Adm. déronlle a razón ao persoal destas cidades, obrigou a abonar os 4 anos anteriores á reclamación máis os xuros legais. 

    Pouco importoulle ao Gobierno de Marín que a sua policía estivese na mesma situación que os concellos veciños, e que se lle debía aplicar esa mellora salarial. O seu “pasotismo” acabou coa paciencia dos traballadores e a finais do ano 2022 iniciaron os primeiros procedementos de reclamación pola asesoría de CCOO, que finalizaron con sentenzas condenatorias para o Concello en outubro do 2024 e seguintes meses. As sentenzas firmes, ao non ser recorridas polo Concello, fallaron a favor dos policías condenando ao Gobierno Local a abonar os complementos salariares dos 4 anos anterior á reclamación máis xuros legais. 

    Varios meses despois seguen sen executarse as sentenzas, e a pesar de que se instou ao Gobierno a recoñecer a débeda nos orzamentos que se aproban definitivamente nestes días Seguimos sen coñecer cando e como se vai a executar as sentenzas e na actualidade aínda quedan varias reclamacións en distintas fases de procedemento, o que implica por unha banda un gasto engadido en tramitación e defensa xurídica do Concello, e por outras os intereses de demora que van en aumento.

    Esta teimosía de “maltratar ao persoal” a pesar do custo que supón, tamén é unha agresión á paz social existente desde anos no Concello de Marín e provoca un conflito laboral na Policía Local a pesar da colaboración que vén prestando para cubrir un servizo con evidentes carencias de medios e persoal.

    CCOO esixe ao Gobierno Local que asuma as responsabilidades ás que vén sendo condenado por privar ás persoas que traballan na Policía Local do Concello de Marín dos seus dereitos, xa que forón eles quenes obrigarón a recorrer aos Xulgados por facer caso omiso ás demandas laborais do persoal policial.