Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Marzo 2025.

22 de febreiro de 2025 - Día Europeo e Español pola Igualdade Salarial de Mulleres e Homes

    Un ano máis, a Secretaría de Mulleres e Políticas de Igualdade e LGTBI+ de CCOO de Galicia, en colaboración co Gabinete de Igualdade, denuncia o incumprimento dos dereitos económicos e laborais das mulleres, desde a posición de loita feminista das CCOO na erradicación das desigualdades entre traballadores e traballadoras no mundo do traballo e na sociedade en xeral.

    11/02/2025.
    A fenda salarial, en datos

    A fenda salarial, en datos

    As nosas intervencións no seo da negociación colectiva foron definitivas na redución da fenda salarial. Porén, malia as medidas normativas en desenvolvemento (reforma laboral e suba paulatina do SMI, obrigatoriedade dos plans de igualdade nas empresas de máis de 50 persoas traballadoras, etc.) non se reduce á velocidade que esperariamos.

    Xa que a fenda salarial é un resultado directo do conflito capital/traballo e da división sexual do traballo, as CCOO vimos denunciando que, en Galicia, a desigualdade entre as remuneracións de mulleres e de homes é intolerable: en termos absolutos, os traballadores perciben un salario anual medio de 4687 € máis sobre o das traballadoras. 

    Así, cada ano, o 22 de febreiro, Día Europeo pola Igualdade Salarial, fronte ao negacionismo ultradereitista e empresarial da fenda salarial de xénero, o Sindicato Nacional de CCOO elabora un informe sobre a fenda no mercado laboral galego cuxos resultados completos se publicarán co gallo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

    + Máis información no documento anexo a esta nota informativa.