Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Marzo 2025.

Congresos comarcais de Ferrol, Lugo, A Mariña e Pontevedra

    A pasada fin de semana tiveron lugar catro congresos comarcais do sindicato: Ferrol, Lugo, A Mariña e Pontevedra. Nos dous primeiros casos, revalidan o cargo os secretarios xerais saíntes, mentres que nas outras dúas organizacións hai renovamento á fronte.

    10/03/2025.
    Congreso Comarcal de Pontevedra. No centro, Omar Vázquez

    Congreso Comarcal de Pontevedra. No centro, Omar Vázquez

    Ferrol

    No Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol, José Hurtado Amador foi reelixido secretario xeral. Na súa intervención perante o Congreso comarcal, afirmou que a implicación da mocidade nas estruturas do sindicato é «unha necesidade», para o cal creará áreas específicas de xuventude e de afiliación.

    Ademais de Hurtado, a nova dirección comarcal está integrada por Alejandro Bello Martínez, Evangelina Giménez Bouza, Pilar Quintás Gómez, Santiago Díaz Gómez e Iván López Martínez.

    Lugo

    No Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Lugo, Manuel Quiñoá Dacal foi reelixido secretario xeral. Formarán parte tamén da nova Comisión Executiva Susana Pacio Basanta, Francisco Javier Rodríguez Rodríguez, Ana Belén Santos Carreira, Vicente Ramiro Rivas Díaz, María José Barrera Verdes e Jorge Brandariz Blanco.

    No peche do Congreso, o secretario xeral fixo unha defensa da negociación colectiva como ferramenta para mellorar as condicións da clase traballadora e un chamamento a que a xuventude se implique na vida sindical.

    Pontevedra

    No XII Congreso da Unión Comarcal de Comisións Obreiras (CCOO) de Pontevedra, celebrado no Pazo da Cultura, Omar Vázquez Prado foi elixido como novo secretario xeral, sucedendo no cargo a Pilar Mosquera.

    Omar Vázquez, traballador de ENCE, é secretario do comité de empresa da fábrica pontevedresa. Canda el, formarán parte da renovada Comisión Executiva Comarcal as seguintes persoas: Paula Abal Mougán, Ramón Díaz Cea, María Domínguez Meijón, Enrique González Romero, Juan Carlos Logroño Vázquez, Mayra Davila Martínez, Isabel Rúa Gómez e Xosé Luís García Pedrosa.

    Desde Pontevedra destacan que este Congreso confirma unha «significativa remuda xeracional», dando paso a unha nova dirección con «importante percorrido e futuro».

    A Mariña

    O Congreso da Unión Comarcal da Mariña celebrouse o sábado, 8 de marzo. Como novo secretario xeral foi elixido Jacobo Bermúdez Guerreiro, que toma a remuda de José Antonio Zan Vega. Ambos son traballadores de Alcoa, a principal empresa da comarca.

    Ademais de Bermúdez, na renovada dirección comarcal estarán Senén Díaz Guerreiro, María José Piñón Bellas, Felipe Fernández López, Cesarina Cuadrado Casariego, Óscar García Sánchez, María Rosario Vila Baltar, Julio Trigo Sanjurjo e Cristina Fernández Balseiro.