Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

CCOO reivindica mellores condicións laborais en Logirail, empresa do Grupo Renfe

    O sector Ferroviario de CCOO de Galicia convocou este mércores unha concentración na rúa do Hórreo, á altura da estación de tren de Santiago de Compostela. A mobilización serviu para denunciar as condicións laborais, económicas e sociais que sofren as traballadoras e traballadores da empresa Logirail, participada ao 100 % polo Grupo Renfe.

    10/04/2025.
    Concentración do sector Ferroviario de CCOO na estación do tren de Santiago de Compostela (9/4/2025)

    Concentración do sector Ferroviario de CCOO na estación do tren de Santiago de Compostela (9/4/2025)

    Entre as principais denuncias de CCOO están os aspectos salariais, con retribucións por baixo do SMI; a falta de recoñecemento de categorías profesionais e antigüidade; a ausencia de medidas de conciliación e permisos; a inexistencia de plans de igualdade e formación; ou a falta de estabilidade no emprego, entre outras.

    Convenio «pantasma»

    CCOO denuncia as relacións laborais «cando menos anómalas» nesta empresa pública. O seu segundo convenio colectivo, con vixencia para os anos 2019-2021, foi publicado no BOE en abril do 2023, cando levaba case ano e medio caducado.

    Pola súa parte, o texto que debería estar vixente —que non contou co apoio de Comisións—, foi rubricado en finais dese ano e aínda non viu a luz, malia que caduca o 31 de decembro do 2025. «Un convenio pantasma», resume o sector Ferroviario de CCOO.