Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Xuño 2025.

Amianto - Mutualidades

Entrevista de Manuel Lago Peñas, a solicitude da Executiva de Pensionistas de Galicia

  • Situación do Fondo de compensación do amianto
  • Situación das reclamacións do IRPF dos anos 2019, 2020, 2021 e 2022

26/05/2025.
Manolo Lago, Diputado de Sumar ante a Executiva de Galicia

Manolo Lago, Diputado de Sumar ante a Executiva de Galicia

Dada a inquietude das comarcas pola falla de transparecia das xestións, esta executiva convocou a Manuel Lago Peñas, deputado no Congreso polo grupo parlamentario de Sumar, para tratar de aclarar a situación de dous puntos que consideramos de máximo interese.

No punto primeiro falounos da situación do Fondo de compensación do amianto, chegando á conclusión  de que é moi necesario que se visibilice a preocupación popular sobre o tema. Expuxemos a necesidade que teñen os afectados de que o dito plan se leve adiante.

Tamén solicitamos información sobre as reclamacións que se están cursando na declaración do IRPF e da necesidade de que cheguen a bo porto. Neste sentido mostrouse confiado e aclarou cal é a situación actual na sede parlamentaria e manifestouse optimista canto a un resultado próximo.

Agradecemos a dispoñibilidade e a atención que hoxe e sempre nos brinda Manolo Lago.