Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2025.

CCOO-Ensino advirte contra posibles «derivas censoras» baixo o pretexto da «neutralidade ideolóxica» nos centros educativos

    CCOO-Ensino alerta sobre o risco de que a apelación á «neutralidade ideolóxica» nos centros educativos galegos, como pediu o conselleiro Román Rodríguez, derive nun intento de censura encuberta. Ademais, subliña que a LODE, reforzada pola LOMLOE, garante o pluralismo e o pensamento crítico como «piares fundamentais da educación».

    05/06/2025.
    CCOO estará vixiante contra posibles «derivas censoras» da pretensión da Consellaría de Educación

    CCOO estará vixiante contra posibles «derivas censoras» da pretensión da Consellaría de Educación

    Ao respecto, a Federación do Ensino critica que a Consellaría publique na súa web notas sobre futuras instrucións sen trasladalas previamente ás organizacións sindicais, nin sometelas a debate na mesa sectorial, malia afectar directamente ás condicións laborais do profesorado.

    A organización subliña que aspectos como a igualdade, o respecto á diversidade ou a promoción da cultura de paz deben estar presentes tamén nesas instrucións, e critica que a Consellaría seleccione só os principios legais que lle interesan «desde unha óptica ideolóxica».

    CCOO-Ensino advirte de que estarará vixiante para que as ditas instrucións, «non deriven no máis mínimo cara a unha censura encuberta» e subliña o seu compromiso cunha educación pública, democrática e inclusiva, afastada de discursos simplistas e populistas, e centrada no respecto ao debate informado e á reflexión crítica.


    Máis información na web de CCOO-Ensino.