Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

Folga todos os martes na cociña do Hospital QuirónSalud de Pontevedra

    A sección sindical de CCOO vén de convocar folga no servizo de cociña do Hospital Quirónsalud en protesta polas condicións laborais impostas pola nova empresa adxudicataria, Servicios Personas Salud (SPS), pertencente ao Grupo Quirón. Os paros comezaron onte, 10 de xuño, e continuarán todos os martes ata o vindeiro 1 de xullo.

    11/06/2025.
    CCOO denuncia as condicións laborais da empresa

    CCOO denuncia as condicións laborais da empresa

    O motivo da convocatoria é a negativa do director de Recursos Humanos do grupo, Luis de la Osa, a manter os turnos presenciais de mañá, tarde e fin de semana co mesmo número de traballadoras que había coa anterior concesionaria, o que está a provocar un incremento substancial da carga de traballo.

    Desde CCOO denuncian, ademais, a ausencia de persoal cualificado no servizo: non hai ningún oficial cociñeiro —só axudantes— nin unha dietista presencial, o que está a derivar en que algunhas pacientes reciban o mesmo menú durante varios días consecutivos. A isto súmase que as persoas contratadas para cubrir baixas carecen de experiencia e deben ser formadas polas compañeiras, o que agrava aínda máis a situación.

    As deficiencias tamén se estenden ás instalacións, que carecen dunha ventilación axeitada. As traballadoras vense obrigadas a desempeñar o seu labor a temperaturas extremas, especialmente nesta época do ano.