Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

CCOO gaña contra Benteler unha demanda por vulneración de dereitos

    O Xulgado do Social número 5 de Vigo vén de ditar sentenza favorable á demanda presentada por Comisións Obreiras (CCOO) contra a empresa Benteler Automotive Vigo SLU, condenándoa por unha modificación substancial das condicións de traballo realizada de forma unilateral e pola vulneración dos dereitos fundamentais dun traballador.

    13/06/2025.
    CCOO gaña unha importande demanda polo dereito á conciliación

    CCOO gaña unha importande demanda polo dereito á conciliación

    Esta vitoria sindical ten a súa orixe en decembro de 2023, cando o traballador, co apoio de CCOO, conseguiu mediante sentenza xudicial a asignación ao quenda de fin de semana, protexendo así a súa conciliación familiar e os seus dereitos laborais.

    Porén, en xullo de 2024, a empresa, «de maneira autoritaria e sen o máis mínimo proceso de diálogo nin negociación» —reprocha o sindicato—, comunicoulle a través dunha mensaxe de WhatsApp o seu traslado forzoso ao quenda de noite. «Foi unha decisión inxustificada que vulneraba flagrantemente os seus dereitos», subliña CCOO.

    CCOO recorreu ante a Xustiza, que agora lle dá a razón e obriga a empresa a repoñer o traballador na súa quenda orixinal e recoñece, ademais, unha indemnización polos danos e prexuízos causados.