Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 21 Agosto 2025.

CCOO esixe a readmisión dos sete traballadores despedidos en Resonac

    Unhas 200 persoas concentráronse este mércores na Coruña para reclamar a reincorporación inmediata dos sete traballadores despedidos en Resonac Graphite Spain. O paro, dunha hora de duración, contou coa presenza da secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, quen expresou o apoio do sindicato ás reivindicacións do comité de empresa.

    20/08/2025.
    Concentración na Coruña en apoio ao persoal de Resonac (20/8/2025)

    Concentración na Coruña en apoio ao persoal de Resonac (20/8/2025)

    Desde o propio comité destacouse que esta mobilización foi das máis numerosas desde que se produciron os despedimentos, hai pouco máis dun mes. As persoas concentradas amosaron unha pancarta co lema «despedimentos non, negociación si», e advertiron que continuarán coa mobilización ata que a empresa rectifique.

    CCOO denuncia que estes despedimentos se produciron sen que houbese diálogo ningún, e lembra que o comité xa presentou unha proposta para incorporar ao convenio colectivo un artigo que estableza pasos previos antes de calquera despedimento por causas obxectivas.