Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 10 Setembro 2025.

CCOO e UGT convocan mobilizacións este mércores para esixir a redución da xornada laboral ás 37,5 horas

    O S. N. de CCOO de Galicia e UGT-Galicia convocan mobilizacións este mércores, 10 de setembro, ás 11:30 horas, para amosar o apoio ao proxecto de lei de redución da xornada laboral ás 37,5 horas. Para isto, ambas as dúas organizacións preparan concentracións nas catro provincias galegas, simultáneas a outras que haberá no resto do Estado.

    08/09/2025.
    Concentracións 10 de setembro pola redución de xornada

    Concentracións 10 de setembro pola redución de xornada

    O acto central será na Coruña, ás 11:30, diante da Delegación do Goberno. Contará coa presenza do secretario xeral de UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros, e da secretaria xeral do S. N. de CCOO, Amelia Pérez.

    Concentracións en Galicia (todas ás 11:30 h)

    — A Coruña: Delegación do Goberno (praza de Ourense, 11);

    — Lugo: Subdelegación do Goberno (rúa de Armanyà, 10);

    — Ourense: Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro, 3);

    — Vigo: rúa de Urzáiz (diante da Farola).

    Beneficiaría especialmente as mulleres

    A redución da xornada é unha medida que podería beneficiar a case 13 millóns de persoas do sector privado en todo o Estado, moitas delas mulleres e traballadoras en sectores especialmente precarizados. A redución da xornada é unha cuestión de xustiza social, igualdade, saúde, produtividade e sustentabilidade ambiental.

    A experiencia amosa que traballar menos horas mellora a saúde física e mental, permite dispoñer de máis tempo de vida e de conciliación corresponsable e contribúe a incrementar a produtividade. Ao mesmo tempo, favorece un reparto máis equitativo da riqueza e impulsa un modelo laboral asentado na calidade e no respecto polo medio ambiente.