Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Outubro 2025.

Constitución do Consello Nacional do S. N. de CCOO de Galicia

    O vindeiro venres, 31 de outubro, constitúese o Consello do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, o máximo órgano de dirección entre congresos.

    24/10/2025.

    Durante a sesión, debaterane e votaranse diversos asuntos de carácter interno e organizativo, entre eles a elección da delegación que representará o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia no Consello Confederal de CCOO. Esta delegación estará composta por catro persoas que se elixirán atendendo ao disposto nas normas do 13.º Congreso e no regulamento que se xunta.

    A orde do día é a seguinte:

    1.º Aprobación, se procede, do Regulamento do Consello Nacional.

    2.º Informe xeral.

    3.º Aprobación borrador de orzamento de gastos comúns, asesorías xurídicas e FEDOG 2025 do S. N. de CCOO de Galicia.

    4.º Presentación dos orzamentos do territorio para 2025.

    5.º Aprobación da adaptación dos Estatutos do S. N. aos Estatutos Confederaes, tras a celebración do Congreso Confederal.

    6.º Aprobación da composición da delegación do S. N. de CCOO de Galicia ao Consello Confederal.

    7.º Eleccións sindicais e afiliación.