Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Xaneiro 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de decembro

    Derradeira entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    22/12/2025.
    Definicións do mes de setembro. Campaña '12 meses pola igualdade'

    Definicións do mes de setembro. Campaña '12 meses pola igualdade'

    Comisións Obreiras dedica este mes de decembro a poñer o foco na conciliación da vida persoal, familiar e laboral como elemento esencial para lograr a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no traballo.

    Conciliar significa poder desenvolver unha carreira profesional satisfactoria, dispoñer de tempo de lecer e participar activamente na sociedade, ao tempo que se asumen as tarefas do fogar e os coidados familiares. En definitiva, supón gozar dunha vida plena, equilibrada e libre de discriminación.

    Ata hai pouco, a conciliación asociábase case en exclusiva ás mulleres, sobre as que recaían as responsabilidades domésticas e de coidados. A incorporación delas ao mercado laboral non veu acompañada dunha distribución equitativa destas tarefas, o que provoca fendas salariais, peores condicións laborais e obstáculos para o seu desenvolvemento profesional.

    A igualdade salarial e a corresponsabilidade son dúas caras da mesma moeda, xa que, cando os salarios son iguais, tamén é máis doado que homes e mulleres compartan en pé de igualdade as obrigas familiares.

    As políticas públicas de conciliación deben ter como obxectivo transformar a desigual distribución das tarefas domésticas e de coidados, impulsando medidas nas empresas que permitan unha verdadeira distensión entre o traballo, a vida persoal e a familiar.

    A corresponsabilidade defínese como a repartición equilibrada das responsabilidades domésticas e de coidado entre mulleres e homes. Isto require a implicación non só das familias, senón tamén das administracións públicas e das empresas, que deben garantir que homes e mulleres poidan exercer en igualdade os dereitos de conciliación recoñecidos.

    Desde CCOO levamos anos reclamando un pacto estatal polos coidados, que recoñeza e valore a chamada economía dos coidados, é dicir, o traballo non remunerado que sostén a vida: mantemento do fogar, alimentación, atención a menores, maiores e persoas dependentes.

    Máis información no documento anexo.

    Novas relacionadas

    2025: 12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xaneiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de febreiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de marzo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de abril

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de maio

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xuño

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xullo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de setembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de agosto

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de outubro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de novembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de decembro

    Volven os «12 meses de sensibilización en prol da igualdade», desta vez centrados na igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de xaneiro