Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Febreiro 2026.

8M2026: O poder das mulleres

    26/02/2026.
    Temas
    8M 2026

    8M 2026

    O 8 de marzo é o día en que as mulleres de todo o mundo xuntamos as nosas voces para felicitármonos polos logros acadados e reivindicarmos con enerxía que os dereitos das mulleres non teñen fronteiras e non son negociables.

    O feminismo de CCOO é internacionalista e por iso reivindicamos os dereitos e o poder de todas as mulleres do mundo, todos os días do ano. Porque nosoutras somos as que sostemos a vida, as que coidamos, as que producimos, as que investigamos, as que ensinamos, as que construímos, as que transformamos. E facémolo con poder: o poder da palabra, da unidade, da conciencia, da loita, do sindicalismo feminista, da organización e da negociación colectiva.