Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 12 Xuño 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de maio

    Quinta entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia

    25/05/2026.
    Entrega do mes de maio da campaña.

    Entrega do mes de maio da campaña.

    A desigualdade perpetúase, sobre todo, por falta de corresponsabilidade nos coidados e tarefas domésticas. Velaí a razón de que as primeiras entregas da campaña se centra­ran nos principais dereitos vixentes no Estatuto das Persoas Traballadoras (en adiante, ET) en materia de conciliación, facendo fincapé na súa natureza «individual e intransferible».

    Ademais, incluiranse tamén as modificacións similares realizadas sobre o Estatuto Básico das persoas empregadas públicas (en adiante, EBEP).

    Estes dereitos, cuxa finalidade é promover a conciliación real da vida familiar e laboral mediante o compromiso dos homes e da sociedade (empresas) coa corresponsabilidade familiar, nacen das últimas modificacións do ET e do EBEP, desenvolvidas en varias regu­lacións sucesivas: o Real decreto lei 5/2023, o Real decreto lei 2/2024 e o Real decreto lei 9/2025. Estes decretos traspoñen en España a Directiva 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional de persoas proxenitoras e coidadoras.

    Así, tras as modificacións reguladas nos devanditos decretos, no ET e no EBEP recóllense varios artigos que abor­dan os dereitos de conciliación desde unha perspectiva corresponsable.

    A continuación, reproducimos algúns exemplos:

    Estatuto das persoas traballadoras

    Artigo 48. Suspensión con reserva de posto de traballo (continuación da entrega do mes de abril):

    Apartado 6.

    No suposto de discapacidade do fillo ou filla no nacemento, adopción, en situación de garda con fins de adopción ou de acollida, a suspensión do contrato a que se refiren os apartados 4 e 5 terá unha duración adicional de dúas semanas, unha para cada unha das persoas proxenitoras. Igual ampliación procederá no suposto de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollida múltiple por cada fillo ou filla distinta do primeiro. No caso de haber unha única persoa proxenitora, esta poderá gozar das ampliacións completas previstas neste apartado para o caso de familias con dúas persoas proxenitoras.

    Estatuto básico das persoas empregadas públicas

    Artigo 47. Xornada de traballo do funcionariado público

    […]

    2. As Administracións públicas adoptarán medidas de flexibilización horaria para garantir a conciliación da vida familiar e laboral das persoas empregadas públicas que teñan ao seu cargo fillos e fillas menores de doce anos, así como das persoas empregadas públicas que teñan necesidades de coidado respecto dos fillos e fillas maiores de doce anos, o cónxuxe ou parella de feito, familiares por consanguini­dade ata o segundo grao, así como doutras persoas que convivan no mesmo domi­cilio e que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poidan valerse por si mesmas.

    Artigo 48. Permisos das persoas funcionarias públicas

    As persoas funcionarias terán os seguintes permisos:

    a) Por accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise de repouso domiciliario do cónxuxe, parella de feito ou parentes ata o primeiro grao por consanguinidade ou afinidade, así como de calquera outra persoa distinta das anteriores que conviva co funcionario ou funcio­naria no mesmo domicilio e que requira o coidado efectivo daquela, cinco días há­biles.

    Cando se trate de accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou interven­ción cirúrxica sen hospitalización que precise de repouso domiciliario, en familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de catro días hábiles.

    Cando se trate de falecemento de cónxuxe, parella de feito ou familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta loca­lidade. No caso de falecemento de familiar dentro do segundo grao de consangui­nidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

    l) Por matrimonio ou rexistro ou constitución formalizada por documento público de parella de feito, quince días.

    Novas relacionadas

    2025: 12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xaneiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de febreiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de marzo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de abril

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de maio

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xuño

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xullo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de setembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de agosto

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de outubro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de novembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de decembro

    Volven os «12 meses de sensibilización en prol da igualdade», desta vez centrados na igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de xaneiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de febreiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de marzo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de abril

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de maio

    Documentación asociada