Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2026.

CCOO logra en Inditex unha suba salarial do 12,5 % e melloras sociais substanciais

    Tres anos despois do acordo histórico do 9 de febreiro de 2023, CCOO, como sindicato maioritario en Inditex, conseguimos anovalo, actualizalo e melloralo de forma clara, con aplicación desde o 1 de xaneiro de 2026.

    17/06/2026.
    Protesta de CCOO ante unha tenda de Inditex.

    Protesta de CCOO ante unha tenda de Inditex.

    Onte, 16 de xuño de 2026, asinouse un novo acordo de retribucións e condicións sociais para todas as persoas traballadoras de Inditex, que resumimos a seguir:

    12 % incremento GIFI (garantía ingresos fixos Inditex): 4 % no 2026; 4 % no 2027 e 4 % no 2028. Abano de atrasos e incremento adicional.

    Aumento prezo/hora tempos parciais. En provincias con xornada inferior a 1826 horas (novo convenio ARTE ou provincial).

    12 % incremento axudas e domingo/festivo: 4 % no; 4 % no 2027: 4 % no 2028. Recarga do 30 % prezo/hora de peches en sábado.

    —Novas axudas sociais e avances:

    Axuda matrimonio/parella de feito

    Axuda estudos universitarios / FP superior / másteres propios persoa traballadora

    Enfermidade pouco común e especial gravidade

    Compensación traballo remoto Big Store

    Primeiro día rebaixas/Black Friday: recarga 30 % prezo/hora

    Préstamo persoal a xuro 0 %

    Eliminación carencia comisión por venda.

    —Licenzas e permisos:

    Grupo de traballo para homoxeneización. Mantemento aplicación máis beneficiosa.

    Mellora o cálculo do prezo/hora para tempos parciais:

    Desde CCOO lembrámoslle á empresa que, para o cálculo do GIFI dos tempos parciais, debe terse en conta a xornada anual de referencia segundo convenio de aplicación para cada un dos anos. E así se recolle no acordo. Por tanto, o GIFI das parciais calcularase en función da xornada contratada e a xornada de aplicación en cada provincia, mellorando de forma directa naquelas onde se aplique a xornada do convenio de ARTE (1770 horas en 2026, 1740 horas en 2027) e noutras provincias con xornada inferior a 1826 horas.

    Novas axudas sociais e avances

    Ademais de todo o anterior, desde CCOO logramos incorporar novas axudas sociais e outros avances:

    Homologación en todas as cadeas da axuda matrimonio/parella de feito: 100 €

    Axuda estudos universitarios/FP superior da persoa traballadora, incluíndo máster obrigatorio: mesma contía ca estudos fillo/a.

    Axuda para enfermidade pouco común e de especial gravidade, mediante solicitude á Comisión de Seguimento.

    Compensación por traballo remoto Big Store: 0,30 €/hora.

    Primeiro día vendas especiais (rebaixas, Black Friday): pago 30 % prezo/hora.

    Préstamo persoal a xuro 0 %: desde 2000 € (>18 meses antigüidade) ata 10 000 € (> 90 meses antigüidade), con amortización en 90 cotas.

    Eliminación carencia da comisión por venda.

    Licenzas e permisos

    Por proposta de CCOO, concrétanse dous acordos clave:

    Creación dun grupo de traballo para negociar a homoxeneización da regulación de licenzas, vacacións e permisos (é dicir, da existente en cada provincia, ademais da regulación legal, a incluída no convenio de ARTE e no plan de igualdade).

    Mantemento, ata o desenvolvemento desta negociación, da aplicación da regulación actual máis beneficiosa, se é o caso.