Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Outubro 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de outubro

    Nova entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    22/10/2026.
    Entrega do mes de outubro da campaña de sensibilización de CCOO

    Entrega do mes de outubro da campaña de sensibilización de CCOO

    A desigualdade perpetúase, principalmente, por falta de corresponsabilidade e dunha conciliación real da vida familiar e laboral, que só se alcanzará a través da concienciación e o compromiso dos homes e da sociedade (especialmente as empresas e as Adminis­tracións públicas) coa corresponsabilidade familiar.

    As 100 medidas para un Pacto integral e estatal de coidados desenvolven, especifica­mente, un apartado centrado nos dereitos de conciliación corresponsable, que será o que ocupe este mes de outubro da Campaña anual en prol da igualdade. Achegamos esas medidas coa idea de que se convertan nunha realidade para toda a poboación, fa­vorecendo o cambio do modelo de coidados cara a outro que, finalmente, dea cabo da tremenda fenda de xénero neste terreo.

    Entre outras, campañas informativas sobre corresponsabilidade; ampliación e retribución dos permisos por nacemento, parental e lactación; extensión dos dereitos de conciliación ás persoas conviventes; adaptación voluntaria da xornada por coidados; permisos retribuídos para acompañamento médico e preparación ao parto; e impulso da negociación colectiva para fomentar a corresponsabilidade empresarial e masculina nos coidados.

     

    ____

    Máis información no documento anexo a esta nota informativa.