Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2024.

Tema: SOS Ferrolterra

Mostrando contidos 1 a 10 de 20

Casa consistorial de Ferrol | Foto: Google S. View

  • «Estamos no tempo de desconto e o goberno de Ángel Mato leva meses sen mover ficha, cunha absoluta pasividade mentres se destrúen empregos», lamentan

O tecido sindical e empresarial de Ferrolterra pediulle por escrito ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, a súa intermediación na crise económica e industrial da comarca. O obxectivo é poder fixar «á maior brevidade» xuntanzas coas ministras de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, e de Industria, Reyes Maroto.

Manifestación na vila das Pontes para esixir solucións tras o peche da térmica de Endesa (30/6/2021)

A multitudinaria manifestación foi convocada por Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG.

Mobilización este mércores nas Pontes

  • Os sindicatos fan un chamamento á mobilización masiva que «obrigue a Endesa a negociar o mantemento do emprego e unha proposta industrial»

As Pontes será o epicentro este mércores, 30 de xuño, dunha nova mobilización polo emprego e o futuro da comarca de Ferrol. A vila esixe unha transición enerxética xusta. 

Mobilización en Ferrol para esixir solucións para a comarca (27/6/2021)

Centos de persoas cortaron o domingo ao mediodía a ponte das Pías para esixir solucións para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, nunha convocatoria conxunta dos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG.

Os traballadores cortaron varios minutos a estrada que dá acceso á térmica

O persoal das auxiliares realizou este mediodía unha acción reivindicativa para lle esixir á eléctrica que cumpra co compromiso de mantemento do emprego.

Un momento da manifestación que tivo lugar durante a folga da comarca de Ferrol (10/3/2021)

  • A mobilización comezará ás 11:30 na ponte das Pías. Partirán marchas desde San Valentín e desde a antiga estación de servizo do Montón, na entrada da ponte

Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG denuncian a falta de resposta das Administracións ante os «graves problemas» que padece esta parte do territorio galego.

Protesta do persoal de Navantia ante a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría de Ferrol (16/6/2021)

As traballadoras e traballadores dos estaleiros da ría de Ferrol esixen carga de traballo para o próximo ano, pois ata o verán do 2022 non comezará a construción das novas fragatas.

Pancarta reivindicando investimentos en Navantia e futuro na comarca de Ferrol (27/5/2021)

Nesta mostra de unidade reclamaron solucións para a crise industrial da comarca de Ferrol, e escolleron como escenarios o porto ferrolán e a autovía Ferrol-As Pontes.

O Ministerio comproulle o buque 'Galicia' á navieira Suardíaz | Foto: Grupo Suardíaz

O comité de empresa de Navantia e a representación sindical da industria auxiliar solicítanlle ao Ministerio de Defensa que as obras de transformación do buque Galicia se fagan na ría de Ferrol.