Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Bono de alugueiro mocidade 2022

    O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou as bases reguladoras do programa de bono alugueiro mocidade 2022. A Secretaría de Política Social de CCOO edita unha folla informativa resumindo as principais claves a ter en conta.

    30/06/2022.
    Bono alugueiro mocidade

    Bono alugueiro mocidade

    Entre os principais requisitos están ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda, posuír nacionalidade española ou dalgúns dos países que se indican nas bases, ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de alugamento, dispoñer de polo menos unha fonte regular de ingresos e rendas anuais iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.

    Yamén se esixe que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a residencia habitual e permanente, atoparse ao día nas obrigas tributarias e non estar incurso/a nalgún dos supostos previstos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Solicitude e prazo

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Ademais da documentación requirida na solicitude inicial, deberán achegarse unha serie de declaracións responsables e toda a documentación complementaria prevista na orde de convocatoria.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o 1 de xullo de 2022 e rematará o 31 de outubro de 2022.

    Documentación asociada
    Documentación asociada