Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Novembro 2025.

CCOO reafirmar a loita contra todas as violencias de xénero

    Hoxe, na xornada «A mocidade feminista fronte á violencia de xénero», reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación

    19/11/2025.
    Xorbadas A MOCIDADE FEMINISTA FRONTE AVIOLENCIA DE XÉNERO

    Xorbadas A MOCIDADE FEMINISTA FRONTE AVIOLENCIA DE XÉNERO

    CCOO quixo reafirmar a loita contra todas as violencias de xénero e seguir loitando contra a ultradereita que ignora a súa existencia, o que supón un claro retroceso nos nosos dereitos.. Neste sentido, o sindicato puxo en marcha fai tres anos o Observatorio de Acoso Sexual e por Razón de Sexo, que pretende visibilizar un tipo de violencia de xénero que polo xeral está oculto. A propia existencia do Observatorio é unha apelación contra esta violencia e unha denuncia.

    Sabemos que o círculo próximo é fundamental para denunciar as violencias, por iso o lema deste ano é «Xa nos toca», para poñer freo dende xa e actuar contra as violencias machistas.

    As mulleres e homes de CCOO reforzamos este #25N o noso compromiso contando as nosas prácticas con feitos. Debemos ter claro cales son os comportamentos violentos e como se estenden ao mundo do traballo. A visibilización, a denuncia e a acción sindical efectiva fronte ás violencias machistas, en especial, fronte ás acontecidas no traballo, deberían ser a nosa tarefa, por iso «xa nos toca»: para que ningunha muller estea soa dentro nin fóra de ningún centro de traballo xerarquizado.

    CCOO lembra que queremos empresas libres de acoso sexual ou por razón de sexo, discriminatorio e LGTBIQA+fóbico; empresas que protexan as vítimas da violencia de xénero con medidas específicas, entre elas, a denuncia de todas as formas de violencia. 

    A XORNADA A MOCIDADE FEMINISTA FRONTE AVIOLENCIA DE XÉNERO:Imprescindibles na defensa da igualdade, foi presentada pola Secretaria de Mulleres, Igualdade e Políticas LGTBIQA+ do SN de CCOO de Galicia, María García Barcia e contou coas intervencións:

    • Desigualdades históricas de mulleres e homes, fonte da violencia de xénero. Estratexias desde o feminismo: Gabinete de Igualdade do SN de CCOO de Galicia, Rebeca Pérez Pico.
    • A mocidade en primeira persoa: Andrea Rodríguez Rodríguez, Estudante de GRAO.
    • Mensaxe da Secretaría de Xuventude: Secretaria de Xuventude da Confederación de CCOO, Pau García Orrit.

    NOSOUTRAS E NOSOUTROS, AS XENTES DE CCOO, IMOS DEIXAR OÍRAS NOSAS VOCES NOS CENTROS DE TRABALLO:

    Este #25N, CCOO facemos un chamamento para actuar decididamentenas empresas e Administracións públicas contra esta forma de violenciade xénero para, por fin, poder dicir:

    • NON AO ACOSO SEXUAL!
    • NON MÁIS VIOLENCIAS MACHISTAS
    • O ACOSO SEXUAL TAMÉN É VIOLENCIA MACHISTA!
    • TRABALLOS LIBRES DE ACOSO SEXUAL!

    Ligazóns relacionadas
    Ligazóns relacionadas