Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Outubro 2026.

Manifestación en Santiago de Compostela de persoal do ensino concertado (6 de outubro do 2026)

CCOO, FSIE, UGT, USO, SNEP e CIG manteñen o calendario de mobilizacións ante a falta de negociación coa Consellaría de Educación.

Preparativos de CCOO cara á folga xeral do 11N

Comisións Obreiras está a desenvolver unha rolda de asembleas de delegadas e delegados para preparar a folga xeral do vindeiro 11 de novembro. Os encontros, xa celebrados en Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, A Coruña e Viveiro, serven para explicar os motivos da convocatoria e reforzar a organización sindical nos centros de traballo.

Conversatorio interxeracional (folga xeral de Vigo de 1972)

O encontro reuniu no MARCO de Vigo a persoas que viviron aquelas xornadas e a alumnado de bacharelato para conversar sobre a loita, a represión, a solidariedade e a memoria da folga xeral viguesa. 

Manifestación por unha vivenda digna.

CCOO e UGT chamamos as mulleres e os homes do noso país a se mobilizar por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos.

Presentación da iniciativa, este mércores en Santiago.

A acción realizarase en 10 localidades con motivo da Semana da Saúde Mental e o acto central será en Santiago o día 10.

Amelia Pérez e Emilio Crespo, durante o acto.

A secretaria xeral, Amelia Pérez, asiste xunta Emilio Crespo, da Fundación 10 de marzo.

30.ª Xornada Sindical da Muller de CCOO

A trixésima edición da Xornada Sindical da Muller reuniu en Vigo representantes sindicais, responsables institucionais e especialistas para analizar a fenda de xénero e os retos pendentes en materia de igualdade.

Concentración do persoal de Frimos para reclamar o pagamento dos salarios (6/8/2026)

As persoas traballadoras retoman a actividade tras o paro indefinido, á espera de acadar unha solución definitiva.

O persoal do comercio reclama «máis tempo para vivir» e rexeita a apertura en domingos e festivos

Amelia Pérez repróchalle ao presidente da CEG que culpe a clase traballadora da conflitividade.

Concentración do persoal de Frimos para reclamar o pagamento dos salarios (6/8/2026)

O sindicato convoca unha concentración o vindeiro martes, 11 de agosto, diante do MARCO.

Homenaxe á traballadora do SAF asasinada no Porriño o 29 de xullo de 2025.

«Traballar coidando dos demais nunca pode significar traballar con medo», lembran as compañeiras da asasinada.

Folga do persoal de BorgWarner fronte aos incumprimentos da empresa

O comité de empresa rexeita unha proposta da dirección por deixar sen resolver cuestións fundamentais sobre salarios, clasificación profesional e condicións laborais no centro eMARC.

Manifestación do comercio do metal en Vigo, o 8 de maio.

A presión exercida durante as últimas semanas foi determinante para desbloquear a negociación.