Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Banner 50 anos 1972

ESPECIAL - Actos conmemorativos do 50.º aniversario da folga xeral de Vigo de 1972

Acto de presentación do libro

CCOO presentou o xoves o libro A forza e a firmeza do traballo e a cultura, co que pon o ramo ás conmemoracións sobre a folga xeral de 1972. Ligazón imaxes

A presentación do libro terá lugar o 13 de xullo no MARCO

Mañá xoves, 13 de xullo, ás 19:00, o museo MARCO de Vigo acollerá o acto de presentación do libro A forza e a firmeza do traballo e a cultura, editado por CCOO. Este libro recompila «vinte magníficos relatos» que rememoran os feitos da histórica folga que paralizou a comarca viguesa en 1972.

O espírito do 72 e a forza do presente

(I) Galería fotográfica da gala conmemorativa do 50.º aniversario da folga de Vigo de 1972

24-09-2022

O ano 1972 estivo marcado polas grandes loitas e mobilizacións da clase traballadora na defensa dos seus dereitos, a conquista das liberdades e a loita contra a ditadura. A folga xeral de setembro de 1972 en Vigo, é parte da memoria colectiva do pobo galego.

Gala Conmemorativa do 50 ANIVERSARIO DA FOLGA DE 1972 EN VIGO

Gala Conmemorativa do 50 ANIVERSARIO DA FOLGA DE 1972 EN VIGO

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo presenta os concursos de carteis e relatos curtos polo 50.º aniversario da folga xeral comarcal de 1972.

Para rememorar este acto, preparamos este video cos mellores momentos. Un material audiovisual a altura de tan importante evento na axenda sindical da UC VIGO.

Carlos Nuñez e Alonso Montero presidirán os concursos de carteis e relatos curtos, con motivo do 50 aniversario da folga de 1972 de Vigo. Duas personas históricas no campo sociopolítico e cultural que aportan un valor engadido a unha inciativa que pretende recoller a iconografía e a epopeia deste feito histórico. 

Estes premios, que outorga CCOO de Vigo, son un referente no ámbito laboral e social en Galicia e con eles homenaxéase as persoas e colectivos que salientan pola súa traxectoria laboral, persoal e social.