Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Maio 2025.

O 10.º Congreso tivo lugar a finais de xaneiro deste ano

Xa están ao dispor de todas as persoas interesadas os documentos aprobados no 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que tivo lugar a finais de xaneiro deste ano.

Portada do Galicia Sindical n.º 33

Neste número dedicamos a portada ao 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 deste mes baixo o lema «Respostas fronte á crise», ao tempo que lembramos que dentro dun mes terá lugar o Congreso Confederal.

O secretario xeral de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión

O secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, presentou esta mañá publicamente o 10.º Congreso nacional da organización. Baixo lema «Respostas fronte á crise», terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 deste mes.

Luz López, secretaria xeral de CCOO-Ensino

A Federación do Ensino de CCOO celebrou o seu IX Congreso esta fin de semana nas instalacións do MUPEGA, en Santiago de Compostela, baixo o lema «Recuperar dereitos para unha educación equitativa e de calidade», o que foi aproveitado para analizar as liñas de acción da Federación nos vindeiros catro anos e a maneira de afrontar os retos que se aveciñan neste panorama convulso no eido da educación, inmerso nas políticas de recortes dos gobernos do Partido Popular e cun anteproxecto de lei de reforma educativa de marcado carácter ideolóxico.

Carlos Mella, secretario xeral da FPX-CCOO

Carlos Mella Teijo foi elixido por unanimidade novo secretario xeral da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia. Substitúe no cargo a José Luis Díaz Montero, que non se presentaba á reelección.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia celebrou na Coruña, os días 28 e 29 de novembro, o seu 1.º Congreso. O máximo órgano da federación volveu elixir a Nicolás Pato Pérez como secretario xeral, único candidato que se presentou. Para a Comisión Executiva tamén houbo unha única lista.

Intervención de Ramiro Otero ao final do 2.º Congreso da FSC-CCOO de Galicia

  • A defensa do público continuará sendo un dos eixes do traballo da FSC-CCOO, o principal sindicato do seu ámbito

Ramiro Otero continuará outros catro anos como secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia. Así o decidiron os delegados e delegadas que participaron no 2.º Congreso desta federación.

Isabel Castaño nun momento da lectura do informe xeral

O 5.º Congreso da Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia (FECOHT-CCOO) reelixiu hoxe a Isabel Castaño Becerra como secretaria xeral.

Xesús Varela Lodeiro

O Congreso da Federación da Construción, Madeira e Afíns de Comisións Obreiras de Galicia (FECOMA-CCOO) reelixiu hoxe a Xesús Varela Lodeiro como secretario xeral.

Julián Valiente, secretario xeral de COMFIA-CCOO de Galicia

O Congreso da Federación de Servizos Financeiros e Administrativos de Comisións Obreiras de Galicia (COMFIA-CCOO) reelixiu onte a Julián Valiente como secretario xeral para os próximos catro anos.

Intervención de Enrique Llames

O Congreso da Federación de Actividades Diversas de CCOO de Galicia reelixiu hoxe a Enrique Llames como secretario xeral.

A nova Executiva de FITEQA-CCOO. Á dereita, o secretario xeral

Onte tivo lugar en Santiago de Compostela o 5.º Congreso da Federación de Industrias Téxtil-Pel, Químicas e Afíns de Comisións Obreiras (FITEQA-CCOO). Co 93% dos votos foi elixido como novo secretario xeral Armando Iglesias Rodríguez.

Os integrantes da nova Executiva da Fed. de Sanidade. Á dereita, Ángel Cameselle

O Congreso da Federación de Sanidade de CCOO de Galicia elixiu hoxe como novo secretario xeral a Ángel Cameselle. Substitúe no cargo a Lola González, que non se presentaba á reelección.

Intervención de Amelia Pérez no Congreso comarcal de Vigo

O Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Vigo elixiou o pasado venres a Amelia Pérez como nova secretaria xeral. Substitúe no cargo ao compañeiro Pepe Cameselle.