Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2025.

Nova Executiva de CCOO-Ensino

  • O 10.º Congreso da Federación do Ensino tivo lugar os días 31 de marzo e 1 de abril en Santiago de Compostela so o lema «Defendendo a educación, defendemos os nosos dereitos»

As delegadas e delegados que participaron no 10.º Congreso da Federación do Ensino de CCOO de Galicia aprobaron por unanimidade a reelección de Luz López Pérez como secretaria xeral. O conclave tivo lugar os días 31 de marzo e 1 de abril en Santiago de Compostela so o lema «Defendendo a educación, defendemos os nosos dereitos».

Nova Executiva de CCOO-Industria

O Congreso da Federación de Industria de Galicia reelixiu como secretario xeral a Víctor Ledo Suárez, co apoio do 96,5 % dos votos. Ao conclave asistiron os secretarios xerais do Sindicato Nacional, Xosé M. Sánchez Aguión, e confederal, Ignacio Fernández Toxo.

No centro da fotografía, intervención do novo secretario xeral comarcal

O Congreso comarcal de CCOO de Pontevedra elixiu como novo responsable para os próximos catro anos a José Ramón Piñeiro Piñeiro, electo co 92,06 % dos votos.

Mariano Quintela (segundo pola esquerda) é o novo responsable comarcal

As delegadas e delegados que participaron no Congreso comarcal de CCOO da Mariña elixiron a Mariano Quintela novo secretario xeral.

O Congreso comarcal de CCOO de Arousa elixiu como nova secretaria xeral a Celia Iglesias, presidenta da xunta de persoal do Hospital do Salnés. A nova responsable foi apoiada co 97,56% dos votos emitidos no conclave.

Cristóbal González (esquerda), xunto ao seu predecesor, Demetrio Vázquez

O Congreso da Unión Comarcal de CCOO da Coruña elixiu como novo secretario xeral a José Cristóbal González Triñanes, candidatura avalada polo 99 % dos votos das delegadas e delegados do Congreso (rexistrouse unicamente unha abstención).

Nova Comisión Executiva de CCOO de Lugo

Os delegados e delegadas que participaron no Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Lugo elixiron por unanimidade como novo secretario xeral a Jesús Varela Lodeiro.

Áurea Vázquez (segunda pola esquerda), foi reelixida como secretaria xeral comarcal

  • As candidaturas á Secretaría Xeral e á Comisión Executiva recibiron un apoio superior ao 90%, sen que en ningún caso se rexistrasen votos contrarios

O Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Ferrol reelixiu a Áurea Vázquez Estraviz como secretaria xeral para os próximos catro anos. A súa candidatura, única que se presentaba, recibiu o 92,1 % dos apoios (non se rexistraron votos en contra).

Nova Executiva de CCOO-Sanidade

A federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia celebrou o 16 de marzo, en Sanxenxo, o seu 8.º Congreso, no que Ángel Cameselle foi reelixido secretario xeral para un segundo mandato. Canda el, unha nova Comisión Executiva na que se renova a metade de integrantes e cun 70% de membros mulleres.

Lucía Trenor é a nova secretaria xeral de CCOO-Servizos

Os delegados e delegadas que participaron no II Congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia elixiron como nova secretaria xeral a Lucía Trenor López. A candidatura, única que se presentaba, foi referendada polo 95,16% dos votos.

Pedro Barreiros é o novo secretario xeral comarcal

Baixo o lema «traballo, dereitos e dignidade» celebrouse hoxe o 3.º Congreso da Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras, no que se elixiu a nova Comisión Executiva que dirixirá o sindicato na provincia os vindeiros catro anos. O novo secretario xeral é Pedro Leónides Barreiros González.

Amelia Pérez Álvarez

As delegadas e delegados que participaron no 8.º Congreso da Unión Comarcal de CCOO de Vigo reelixiron como secretaria xeral a Amelia Pérez Álvarez. O conclave comarcal celebrouse baixo o lema «fomos futuro, somos futuro».

Sergio López

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia celebrou hoxe o seu 2.º Congreso Nacional, no que Sergio López Rivera resultou reelixido secretario xeral. Na renovada Comisión Executiva da federación acompañarano Alejandra Gesto Montes, Ricardo Santos Reiriz, Violeta Paz Díaz e Antonio Pérez Jácome.

Carlos Pardo

  • O novo responsable comarcal chama a secundar mañá mércores o paro internacional de mulleres

Carlos Pardo é elixido secretario xeral da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO. Así o decidiron os delegados e delegadas que participaron no 3.º congreso deste territorio. Para a elección da Comisión Executiva só se presentou unha lista, encabezada polo propio Carlos Pardo, e na que figuran ademais M.ª Sol López López, José Ángel Gómez Martínez, Laura Cereijo Míguez, José Francisco Mirás Pérez, Ana Moscoso Mariño, Francisco Mallón Becerra, Beatriz Peleteiro Mellid, José Arufe Rodríguez e José Fernández Liste.